É urxente parar á extrema dereita

Cas Cat Gal

Durante os últimos días, as reiteradas mobilizacións da extrema dereita, incluídos coñecidos neonazis, contra a sede do PSOE, demostran claramente que a extrema dereita supón un grave perigo para a democracia.

É escandaloso que o PP e un residual Ciudadanos se apunten a estas accións, pero non hai que perder de vista que os verdadeiros protagonistas desta deriva son os dirixentes de VOX. Moi preocupante, tamén é que contan con moitos aliados, dende medios de comunicación, no mundo da xustiza, policías… ata organizacións abertamente neonazis.

A experiencia en Gran Bretaña, Grecia e Cataluña demostrou a eficacia dos movementos unitarios contra o perigo ultra. Un partido de extrema dereita —a diferenza dun partido conservador institucional, sen meternos no sistema actual no seu conxunto— pode ser derrotado mediante unha loita unitaria, sostida durante varios anos.

Polo que as entidades asinantes comprométense a promover a loita unida contra a extrema dereita, e contra o racismo que esta instrumentaliza.

Axudaremos a fortalecer este tipo de movementos onde xa existen, e axudaremos a construílos onde non existan..

Solicitamos ás entidades que asinen a convocatoria aquí: https://forms.gle/ufiyAXV2kCe6fqiy7

Deixa un comentari